Área arqueolóxica de Campo Lameiro
near Praderrei, Galicia (España)
Viewed 85 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Waypoints
Waypoint
Ó chegar a Área Arqueolóxica de Campo Lameiro, atoparedes estes cartéis con posibles roteiros. Na entrada da Área Arqueolóxica hai un aparcamento que non pecha ate as 20 horas. Nos este día fixemos o percorrido pola zona pechada. O primeiro que veremos é ó centro de interpretación e as explicacions que alí nos van dar, axudarannos a entender todo o que atoparemos neste paseo. É certo que podemos dar o paseo na orde que máis nos apeteza, coma fixemos nos, pero este percorrido está moi ben sinalizado con columnas numeradas, e se as seguimos non nos deixaremos ningún petroglifo por ver, e é seguro que todos merecen ser visitados. Góstame a idea que tiveron os que deseñaron o lugar de que haxa petroglifos que poder tocar e ver de cerca, ainda que sexa moi estrano ver as porcions de rocha separadas do resto e esto dalle certo aspecto de parque temático. Ainda así, penso que é unha parada obrigada se queremos saber algo máis de como vivian os nosos antergos. En canto ós Petorglifos: son elaboradísimos e creativos, destacan os cervos e cabalos, pero a min os que máis me gustan son os guas (circulos concéntricos ). Hai bancadas nas que parar e sentarse a ver o lugar e escoitar ós paxaros, e incluso hai unha zona tras o Centro de Interpretación con mesas tipo merendeiro. Non hai que ir con presa, levaranos un par de horas velo todo. Que o gocedes!
You can add a comment or review this trail
Comments