Activity

Boiro - Muiños do Breiro

Download

Trail photos

Photo ofBoiro - Muiños do Breiro Photo ofBoiro - Muiños do Breiro Photo ofBoiro - Muiños do Breiro

Author

Trail stats

Distance
3.7 mi
Elevation gain
384 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
384 ft
Max elevation
265 ft
TrailRank 
53 4
Min elevation
62 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 43 minutes
Time
2 hours 5 minutes
Coordinates
1057
Uploaded
February 6, 2021
Recorded
February 2021
  • Rating

  •   4 1 review
Share

near Boiro, Galicia (España)

Viewed 2295 times, downloaded 33 times

Trail photos

Photo ofBoiro - Muiños do Breiro Photo ofBoiro - Muiños do Breiro Photo ofBoiro - Muiños do Breiro

Itinerary description

Ruta circular, que saíndo do centro de Boiro, desde calquera punto da Avda. Constitución, ascende o regato de Breiro, onde se atopa un interesante número de muíños, a maioría deles en mal estado de conservación, e chega ata a estrada que vai ó Cemiterio Municipal de Vista Alegre. Logo da volta vindo por antigos camiños de monte e corredoiras.
O recorrido non ofrece dificultade, e é apto para todo tipo de persoas, agás aquelas con problemas de mobilidade.

Waypoints

PictographIntersection Altitude 245 ft
Photo ofIntersección - Punto de saída

Intersección - Punto de saída

A saída é desde calquera punto da Avda. Constitución, en dirección á vella estrada Boiro-Abanqueiro. Neste caso comezouse, na confluencia da Rúa Severo Ochoa, coa Avda. Constitución.

PictographIntersection Altitude 104 ft
Photo ofIntersección - Lugar de Aducil Photo ofIntersección - Lugar de Aducil Photo ofIntersección - Lugar de Aducil

Intersección - Lugar de Aducil

Ó chegar á intersección da Avda. Constitución coa vella estrada Boiro-Abanqueiro, hai que virar á esquerda e atravesar o bonito lugar de Aducil.

PictographIntersection Altitude 135 ft
Photo ofIntersección - Cruce en dirección ó lugar de O Rexidor Photo ofIntersección - Cruce en dirección ó lugar de O Rexidor Photo ofIntersección - Cruce en dirección ó lugar de O Rexidor

Intersección - Cruce en dirección ó lugar de O Rexidor

Ó remate do fermoso lugar de Aducil, hai que virar á dereita en dirección ó lugar de O Rexidor.

PictographIntersection Altitude 145 ft
Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor

Intersección - Lugar de O Rexidor

Pasado Aducil hai que virar á dereita en dirección ó lugar de O Rexidor.

PictographIntersection Altitude 145 ft
Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor - Cruce Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor - Cruce Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor - Cruce

Intersección - Lugar de O Rexidor - Cruce

Intersección - Lugar de O Rexdor – Cruce Ó chegar á entrada da aldea, debemos virar á esquerda, se imos de fronte ou á dereita iremos ós lugares de A Boliña e San.

PictographIntersection Altitude 138 ft
Photo ofIntersección - Ribeira do Río Breiro Photo ofIntersección - Ribeira do Río Breiro Photo ofIntersección - Ribeira do Río Breiro

Intersección - Ribeira do Río Breiro

Sáese do lugar de O Rexidor. Remata o asfalto, e iniciase un camiño que vai ascendendo pola marxe esquerda do regato de Breiro e xa van aparecendo máis muíños.

PictographRuins Altitude 162 ft
Photo ofCamiño pola beira do regato - Conxunto de muiños Photo ofCamiño pola beira do regato - Conxunto de muiños Photo ofCamiño pola beira do regato - Conxunto de muiños

Camiño pola beira do regato - Conxunto de muiños

Vaise ascendendo por un camiño, ás veces algo estreito, e case pegado ó regato. Case ó final atópanse un conxunto de varios muíños, tódolos eles en mal estado.

PictographIntersection Altitude 198 ft
Photo ofIntersección - Estrada do Cemiterio de Vista Alegre Photo ofIntersección - Estrada do Cemiterio de Vista Alegre Photo ofIntersección - Estrada do Cemiterio de Vista Alegre

Intersección - Estrada do Cemiterio de Vista Alegre

Seguindo o camiño ,case o remate, hai dúas opcións: ascender unha forte pendente, ó longo dun corta-lumes (ademais a parte final non está en bo estado), ou seguir ata chegar á estrada que leva ó cemiterio municipal de Vista Alegre, durante 600 metros aproximadamente.

PictographIntersection Altitude 196 ft
Photo ofIntersección - Camiño de volta Photo ofIntersección - Camiño de volta Photo ofIntersección - Camiño de volta

Intersección - Camiño de volta

Continuando ó longo da estrada, chegamos a un punto que hai un cruce á dereita que se vai a unha pista forestal, aquí cruzamos a estrada e de fronte, atopamos un camiño. Aquí iniciase o camiño de volta. É un camiño de carro en bo estado. Pasa ó pe dun fermoso souto.

PictographIntersection Altitude 128 ft
Photo ofIntersección - Lugar de Vista alegre Photo ofIntersección - Lugar de Vista alegre Photo ofIntersección - Lugar de Vista alegre

Intersección - Lugar de Vista alegre

Logo de camiñar por un bo camiño de carro, chégase a un camiño pequeno con fincas e viñas, hai que virar á dereita, de fronte iríase ó lugar de Vista Alegre.

PictographIntersection Altitude 147 ft
Photo ofIntersección - Lugar de O Rexidor

Intersección - Lugar de O Rexidor

Chégase, despois de baixar un camiño moi pendente e pedregoso, ó lugar de O Rexidor, o mesmo sitio polo que pasamos na ida.

PictographIntersection Altitude 141 ft
Photo ofIntersección - Lugar de A Boliña Photo ofIntersección - Lugar de A Boliña Photo ofIntersección - Lugar de A Boliña

Intersección - Lugar de A Boliña

Ó chegar ó cruce de O Rexidor, debemos virar á esquerda. Vai ó longo dunha congostra, ata non hai moito tempo co chan de pedras e agora asfaltada. Atópanse varios muíños ó longo do recorrido.

PictographIntersection Altitude 264 ft
Photo ofIntersección - Estrada Boiro – Abanqueiro Photo ofIntersección - Estrada Boiro – Abanqueiro Photo ofIntersección - Estrada Boiro – Abanqueiro

Intersección - Estrada Boiro – Abanqueiro

Pasado o lavadoiro de A Boliña, en dirección ó lugar de San , cruzase á carretera, á man dereita vense os restos dun muiño e outro en mellor estado.

PictographIntersection Altitude 78 ft
Photo ofIntersección - Lugar de San Photo ofIntersección - Lugar de San Photo ofIntersección - Lugar de San

Intersección - Lugar de San

Deixase a antiga estrada de Boiro a Abanqueiro, e cruzase a aldea en dirección á nova estrada.

PictographIntersection Altitude 63 ft
Photo ofIntersección - Estrada nova Boiro- Abanqueiro Photo ofIntersección - Estrada nova Boiro- Abanqueiro Photo ofIntersección - Estrada nova Boiro- Abanqueiro

Intersección - Estrada nova Boiro- Abanqueiro

Sáese do lugar de San, crúzase a estrada e cóllese pola senda de madeira, que vai a carón do Breiro.

PictographMonument Altitude 64 ft
Photo ofMonumento - Muiño ó pé da senda fluvial Photo ofMonumento - Muiño ó pé da senda fluvial Photo ofMonumento - Muiño ó pé da senda fluvial

Monumento - Muiño ó pé da senda fluvial

Este é o último muíño que se pode atopar nas ribeiras do Breiro. Aquí podemos modificar a ruta e continuar a senda fluvial ata o seu remate.

PictographIntersection Altitude 67 ft
Photo ofRotonda da Avenida Constitución

Rotonda da Avenida Constitución

Xa estamos a pique de rematar o recorrrido

PictographIntersection Altitude 67 ft
Photo ofAvenida Constitución - FIN DA RUTA

Avenida Constitución - FIN DA RUTA

Estamos a 100 metros desde onde se comezou o recorrido. Agora é o momento de buscarse unha terraza, e tomar un refresco, e ir pensando na seguinte saída.

Comments  (1)

  • Conchi Villar Suárez Aug 6, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Nos gustó mucho
    Fácil de seguir

You can or this trail