Activity

Boiro - Sealo - A Madalena - Boiro

Download

Trail photos

Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro

Author

Trail stats

Distance
5.88 mi
Elevation gain
692 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
692 ft
Max elevation
282 ft
TrailRank 
55
Min elevation
27 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 27 minutes
Time
2 hours 51 minutes
Coordinates
1631
Uploaded
February 15, 2021
Recorded
February 2021
Be the first to clap
Share

near Boiro, Galicia (España)

Viewed 1465 times, downloaded 7 times

Trail photos

Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro Photo ofBoiro - Sealo - A Madalena - Boiro

Itinerary description

Ruta circular, apta para tódalas persoas, excepto algúns tramos que teñen certa dificultade, pero contan con outras alternativas. Preciosa ruta, para facer no verán á tardiña, porque pódese ver como se van iluminando tódolos pobos da ría.
Un tramo da ruta conta con algo de pendente, pero paga a pena, porque ofrece unhas magnificas vistas da ría.

Waypoints

Photo ofPunto de saída

Punto de saída

Nesta ruta o punto de saída, é desde a confluencia da Rúa Manuel María coa Avda. Constitución.

PictographIntersection Altitude 63 ft
Photo ofIntersección - Rotonda ó final da Avda. Constitución

Intersección - Rotonda ó final da Avda. Constitución

Neste cruce, séguese de fronte, en dirección a Ponte Goiáns

PictographIntersection Altitude 54 ft
Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Noia Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Noia Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Noia

Intersección - Estrada Boiro - Noia

Cruzamos o paso de peóns e viramos á esquerda para cruzar a ponte do río Coroño.

PictographIntersection Altitude 107 ft
Photo ofIntersección - Estrada A Changuiña - Runs Photo ofIntersección - Estrada A Changuiña - Runs

Intersección - Estrada A Changuiña - Runs

Continuamos o recorrido ó longo da estrada Boiro - Escarabote, ata o cruce do lugar de A Changuiña

PictographIntersection Altitude 116 ft
Photo ofIntersección - A Changuiña - Camiño de pés Photo ofIntersección - A Changuiña - Camiño de pés

Intersección - A Changuiña - Camiño de pés

Ó chegar ó pe dunha magnifica e antiga sobreira, viramos á esquerda, e cando se remata o asfalto á dereita hai un camiño de pés.

PictographIntersection Altitude 135 ft
Photo ofIntersección - Camiño de pés en A Changuiña - Sealo Photo ofIntersección - Camiño de pés en A Changuiña - Sealo Photo ofIntersección - Camiño de pés en A Changuiña - Sealo

Intersección - Camiño de pés en A Changuiña - Sealo

Este camiño é para servicio das fincas, hai que ser respectuosos e camiñar de un en un e procurar non saírse do camiño, ó chegar a un cruceiro vírase á dereita e xa a estrada leva ó lugar de Sealo.

PictographIntersection Altitude 136 ft
Photo ofLugar de Sealo Photo ofLugar de Sealo Photo ofLugar de Sealo

Lugar de Sealo

Chegamos a este lugar, cruzando por baixo da autoestrada. E unha fermosa aldea que quedou illada polo progreso. Aquí iniciase unha pendente duns 400 metros, a medida que imos subindo as vistas fannos esquecer a dificultade do camiño.

PictographIntersection Altitude 52 ft
Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Lampón - Montaña - Mosquete (I) Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Lampón - Montaña - Mosquete (I) Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Lampón - Montaña - Mosquete (I)

Intersección - Estrada Boiro - Lampón - Montaña - Mosquete (I)

Ó chegar ó punto máis alto da costa, temos a opción de recortar o camiño. Virando á esquerda atópase a estrada Boiro - Lampón - Montaña - Mosquete, e de aí, pódese ir cara Lampón (esquerda), O Covo (e o cemiterio de Lampón), ou ir cara o campo de fútbol. Por calquera destes sitios pódese volver a Boiro. A ruta segue pola dereita por unha pista forestal, en moi bo estado.

PictographIntersection Altitude 38 ft
Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Montaña -Mosquete (II)

Intersección - Estrada Boiro - Montaña -Mosquete (II)

Neste lugar, cruzamos a estrada (outra opción para volver), pero seguimos de fronte por un camiño e empezamos un suave descenso

PictographIntersection Altitude 39 ft
Photo ofIntersección - Estrada Boiro - Montaña - Mosquete (III)

Intersección - Estrada Boiro - Montaña - Mosquete (III)

Acábase o camiño, e chegamos á estrada, a ruta segue dobrando á dereita.

PictographIntersection Altitude 280 ft
Photo ofIntersección - Rego do Crego Photo ofIntersección - Rego do Crego Photo ofIntersección - Rego do Crego

Intersección - Rego do Crego

Neste punto deixamos a estrada e imos por un camiño de pes. Enseguida atopamos un muiño e unha preciosa fervenza do Rego do Crego. É un camiño de pés, que esixe ir moi atentos, pero non ofrece perigo. A alternativa para aqueles persoas con dificultades é continuar pola estrada, e volver a coller a ruta máis abaixo.

PictographIntersection Altitude 66 ft
Photo ofIntersección Lugar de A Madalena - Ponte de Peralto Photo ofIntersección Lugar de A Madalena - Ponte de Peralto Photo ofIntersección Lugar de A Madalena - Ponte de Peralto

Intersección Lugar de A Madalena - Ponte de Peralto

Ó remate do camiño, chegamos ó lugar de A Madalena, subimos unha pequena costa, e logo de pasar a Igrexa Parroquial de Lampón, viramos a dereita en dirección á ponte de Peralto.

PictographIntersection Altitude 51 ft
Photo ofPonte do Peralto - Boiro Photo ofPonte do Peralto - Boiro Photo ofPonte do Peralto - Boiro

Ponte do Peralto - Boiro

Aquí podemos tomar varias alternativas para rematar a ruta.

PictographIntersection Altitude 80 ft
Photo ofFin de ruta Photo ofFin de ruta Photo ofFin de ruta

Fin de ruta

Chegamos ó punto de partida, e xa tarda sentarse nunha terraza a tomar un refresco, e ir pensando nunha nova saída.

Comments

    You can or this trail