Activity

I ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo)

Download

Trail photos

Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo) Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo) Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo)

Author

Trail stats

Distance
2.42 mi
Elevation gain
102 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
102 ft
Max elevation
884 ft
TrailRank 
35
Min elevation
740 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 12 minutes
Coordinates
360
Uploaded
August 3, 2017
Recorded
August 2017
Be the first to clap
Share

near Berdoyas, Galicia (España)

Viewed 1271 times, downloaded 10 times

Trail photos

Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo) Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo) Photo ofI ruta nocturna por Berdoias (Vimianzo)

Itinerary description

Pequena ruta circular pola parroquia de Berdoias para visitar o seu importante patrimonio cultural. Organizada polo Concello de Vimianzo en colaboración coa asociación cultural "Colectivo A Rula" o día 4 de agosto de 2017.
Durante o percorrido poderemos contemplar importantes mostras da arquitectura tradicional (casas grandes, vivendas tradicionais, alpendres e sobeiras), importantes elementos etnográficos (horreos, eiras, pombais, abelleiras, etc) e importantes vestixios arqueóloxicos (dolmenes e petróglifos).
Entre as antigas vivendas da aldea destaca a casa fidalga dos Lema, construída por Alonso de Lema en 1609, tal como figura na inscrición do dintel da porta principal ó inmoble.
Berdoias é tamén un punto de referencia para os estudosos do Megalitismo. A Casota de Freáns ou Arquiña dos Mouros é un das antas máis relevantes da ruta dos dolmenes da Costa da Morte. Un pequeno dolmen da última fase do Megalistimo en Galicia (ca.2500 a.C.) que se atopa ó pé dun camiño tradicional que parte do centro mesmo da aldea, situada a escasos 800 m. Posúe unha planta rectangular formada por 3 lousas verticais e unha cuberta monolítica de gran tamaño. A entrada oriéntase ó leste e ten unha lonxitude de 2,70 metros, unha altura media de 1,70 m e alcanza uns 10 metros de perímetro.Á marxe da súa singular estrutura cómpre destacar os gravados que posúen os tres esteos verticais nas súas caras internas. Coviñas e cruces distribuídos dun xeito peculiar que levou a varios autores a falar de posibles representacións de constelacións.
Non obstante, foron os petróglifos do Outeiro de Pedrouzos o principal foco de atención desta ruta guiada. Dúas estacións situadas a escasos metros unha da outra con gravados prehistóricos de tipoloxía xeométrica. Entre ambas estacións hai preto de 20 combinacións de círculos concentricos, máis de medio cento de coviñas e cazoletas, entre outros deseños. Na segunda estación, completan o repertorio iconográfico outros motivos de factura histórica. Cruces simples e dobres, aneis, formas en phi grego (φ), e outros motivos de difícil descrición polo seu deficiente estado de conservación que poderíamos relacionar coa delimitación dos antigos coutos de Berdoias e Boallo que estableceu en 1622 o fidalgo Alonso de Lema.

View more external

Waypoints

PictographCastle Altitude 758 ft
Photo ofCasa de Alonso de Lema. 1607 Photo ofCasa de Alonso de Lema. 1607 Photo ofCasa de Alonso de Lema. 1607

Casa de Alonso de Lema. 1607

Photo ofDolmen da Casota de Freáns

Dolmen da Casota de Freáns

PictographWaypoint Altitude 768 ft
Photo ofEira e vivenda tradicional Photo ofEira e vivenda tradicional

Eira e vivenda tradicional

ENTRADA CAMIÑO

ENTRADA PETROS

Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias

Igrexa de San Pedro de Berdoias

Photo ofPetróglifo do Outeiro de Pedrouzos 1 Photo ofPetróglifo do Outeiro de Pedrouzos 1 Photo ofPetróglifo do Outeiro de Pedrouzos 1

Petróglifo do Outeiro de Pedrouzos 1

Photo ofPetróglifo do Outeiro de Pedrouzos 2 Photo ofPetróglifo do Outeiro de Pedrouzos 2

Petróglifo do Outeiro de Pedrouzos 2

Comments

    You can or this trail