MANZANEDA VILA MEDIEVAL-RÍO SAN LÁZARO- SOBRADO (P. DE TRIVES)- MANZANEDA VILA MEDIEVAL
near Manzaneda, Galicia (España)
Viewed 423 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
Waypoints
PORTA DA VILA MEDIEVAL
A muralla e vila Medieval de Manzaneda é Ben de Interese Cultural (BIC) declarado polo Estado Español en 1949. A porta da Vila asóciase ca imaxe de identidade da nosa Vila Medieval, no tocante ca Porta da Vila, podé- mola clasificar como a parte da fortaleza medieval mellor conservada. Neste senso as murallas constituían un sistema de defensa máis antigo e moito máis popular co Castelo, este Arco Porta da Vila xunto coa Porta de Abaixo (da que só queda un lateral), supuñan o control de acceso e saída da Vila, configurando o eixe lonxitudinal maior da Rúa do Medio
PASADIZO ENTRE RÚAS
A peculariedade deste punto, radica no pasadizo aberto de escasa altura e de anchura dunha persoa, por debaixo de edificacións que une as rúas do Medio e de Atrás.
TORRE DOS BARCIA
Edificio singular sen datar, posiblemente do s. XVIII. En canto a historia dos propietarios, a Torre era propiedade, dos Barcia xunto con toda as terras dende o Río de San Lázaro ata o río da Cea.
PORTA DE ABAIXO
Só queda un lateral, xunto ca Porta da Vila conformaban a vía de acceso e saída da Vila. A Muralla ou Cerca dispuña de 400 m de lonxitude dos que actualmente consérvanse sobre 100m
CORREDOIRA FRONDOSAS AUTÓCTONAS
Corredoira entre a maxestuosa sombra das frondosas autóctonas.
CORREDOIRA CON FRONDOSAS ENTRE O BORDE DO VALADO DE PEDRA
Corredoira entre a maxestuosa sombra das frondosas autóctonas, que saen dos bordes d valados de pedra.
CORREDOIRA DE FRONODAS ENTRE VALOS DE PEDRA
Corredoira entre a maxestuosa sombra das frondosas autóctonas, que saen dos bordes d valados de pedra.
CONTINUIDADE CAMIÑO E ANTIGOS CASTIÑEIROS
Continuidade de camiño entre valo e antigos castiñeiros
CAMIÑO MEDIEVAL DESEMBOCA EN ANTIGA PONTE SAN LÁZARO
Camiño medieval catalogado autonómicamente que desemboca en antiga ponte de San Lázaro. Adxuntamos recorte do visor Plan Básico Autonómico (PBA) e figuras radios de protección
ANTIGA PONTE SAN LÁZARO-LINDE CONCELLO MANZANEDA E DA POBRA DE TRIVES
Cauce do río San Lázaro linde xeográfico que divide o territorio de ambos concellos limítrofes, restos dos estribos da antiga Ponte San Lázaro, sobre camiño medieval catalogado como ben de patrimonio cultural.
CAMIÑO CON VALADO DE PEDRA
Camiño con valados de pedra, frondosas autóctonas e detalle de chanzos tradicionais nos valados, característicos dos valados de zonas de montaña
PANORÁMICA CARA VILA MANZANEDA
Panorámica cara Vila de Manzaneda, rodeada de masas frondosas autóctonas e bosque aluvial de montaña río Requeixo.
CAMIÑO ENTRE VALO E COMEZO FRONDOSAS E VIÑEDO
Camiño entre valo tradicional de zona de montaña, con mestura de masas arbórea frondosas autóctonas e comezo de viñedo sobre socalcos de pedra.
CHEGADA CEMITERIO SOBRADO (P. DE TRIVES)
Chegada cemiterio Sobrado, boas vistas panorámicas. En especial cara a Vila de Manzaneda
NÚCLEO RURAL SOBRADO
Núcleo Rural de Sobradado (P. de Trives) e fincas agrarias. hortos circundantes ao núcleo rural.
INTERSECCIÓN A MOSTERIO SAN SALVADOR E CAMIÑO A PAZO BARBEIRÓN
Segue recto e chegas ata Igrexa e Mosteiro de San Salvador Bens Patrimonios catalogados de alto valor cultural. Logo de derivarte a Igrexa e Mosteiro de San Salvado, volves a este punto para xirar cara camiño agrario a Pazo de Barbeirón.
MOSTEIRO E IGREXA SAN SALVADOR (SOBRADO- P. DE TRIVES)
Templo románico de principios do XII. Trátase dun dos máis belos exemplares do románico rural da provincia. Xunto á igrexa quedan aínda en pé restos do Mosteiro das monxas benedictinas, as cales o habitaron ata comezos do XVI. Ten unha torre militar exenta adaptada como campanario.
CAMIÑO ENTRE VALOS DE PEDRA CARA PAZO BARBEIRÓN
Camiño entre valos de Pedra cara Pazo Barbeirón.
FINCAS LABRADÍO, PRADOS E PANORÁMICA CARA EXPLOTACIÓN VACÚN DO PAZO BARBEIRÓN
Fincas de labradío vencelladas a sistema de autoconsumo, pradeiras e vista panorámica cara explotación vacún do Pazo de Barbeiroón
XIRO ESQUERDA EN CONTORNA PAZO BARBEIRÓN
Xira a esquerda en contorna do Pazo de Barbeirón para dirixirse en camiño estreito poloi lateral da linde da finca do pazo.
TRASEIRA PAZO DE BARBEIRÓN
O pazo esta situado nunha pequena lomba que fai a agra no lugar de Barbeirón. Ten unha boa panorámica da contorna cara o leste. Atópase catalogado no Plan Básico Autonómico e na normativa urbanística municipal do concello da Pobra de Trives.
LATERAL PAZO BARBEIRÓN E GANDERÍA VACÚN.
O pazo esta situado nunha pequena lomba que fai a agra no lugar de Barbeirón. Ten unha boa panorámica da contorna cara o leste. Atópase catalogado no Plan Básico Autonómico e na normativa urbanística municipal do concello da Pobra de Trives. Detalle de sendas internas do predio e da gandería vacún de razas autóctonas.
SAÍDA A OU 0701
Saída a OU 0701 estrada provincial, xira a esquerda cara Manzaneda. Lembra por o chaleco reflectante.
CARTAZ SOBRADO SINALIZACIÓNS BENS CULTURAIS
Cartaz entrada sobre estrada provincial OU 0701 A ENTRADA do núcleo rural Sobrado (interese monumental) e sinalizacións ben culturais.
INTERSECCIÓN MOSTEIRO IGREXA SAN SALVADOR E NÚCLEO ROZAVALES SOBRE VIARIO
Intersección, se xiras a esquerda chegarás ata a praza do Mosteiro e Igrexa de San Salvador. Continuando atravasesas lonxitdudinalmente o tramo do núcleo de Sobrado sobre a estrada OU 0701. O percorrido está pensada para que volvas pola cuneta da estrada OU 0701. Con todo se quixeras voltar polas corredoiras de valados podes xirar a esquerda e ao chegar a praza do Mosteiro e Igrexa de San Salvador continuas de frente para chegar ao mesmo camiño que na ida
CEMITERIO SOBRADO
Cemiterio de Sobrado con parcela colindante ligada a pasteiro de explotación vacún.
VIÑEDO, PANORÁMICA CARA MANZANEDA
Viñedo a carón da estrada provincial e panorámica cara Manzaneda.
TRAMO CURVA PERIGOSA
Tramo de curva perigosa da estrada provincial. Lembre levar sempre chaleco reflectante, ir polo lado correcta da cuneta e con precaución.
ÁREA LECER MAZANEDA VILA MEDIEVAL
Área de Lecer Manzaneda Vila Medieval e panorámica cara Sobrado con vaguada de masa de frondosas autóctonas e bosque aluvial río de montaña San Lázaro.
PORTA FALSA
Ademais da Porta da Vila a Vila de Manzaneda contaba coa Porta de Abaixo da que só queda un lateral e a Porta Falsa que desapareceu. Orixinariamente toda a muralla achábase rodeada dun foso, que levaba o nome "cárcava", o quedou fosilizado no topónimo "Cavarca"
IGREXA MANZANEDA NOSA SEÑORA DAS NEVES
Igrexa Manzaneda Nosa Señora das Neves: Estilo Popular-Barroco e a súa construción data do s. XVIII-.XIX Debido ao aniñamento de cigüeña sobre o campanario, tívose que instalar un mástil para que dita ave anidara sobre él en troques do Campanario.
You can add a comment or review this trail
Comments