Muíños do rego Longarela
near Gándara, Galicia (España)
Viewed 318 times, downloaded 7 times
Trail photos
Itinerary description
Por detrás do sistema dunar da praia de Area Maior, no concello de Muros, atópase a Lagoa das Xarfas – ou Xalfas- dunha grande importancia natural. Esta masa de auga doce, tamén chamada Lagoa de Louro, é debida as aportacións do caudal dun pequeno rego de pouco máis de un quilómetro de lonxitude, que baixa desde o seu nacedeiro no lugar de Taxes, na parroquia de Santiago de Louro.
Este regacho, nomeado Rego de Longarela, baixa rápido por mor dun desnivel medio dun dez por cento, por unha encaixada bacía e que coa forza das súas augas movía un bo número de muíños fariñeiros asentados as beiras do treito alto do regueiro. É por aquí por onde vai transcorrer o noso curto paseo.
Comezamos ao carón da igrexa parroquial de Santiago de Louro, templo de orixe medieval e logo reconstruído entre os séculos XVI e XVIII. Collemos o camiño que sae a dereita para logo continuar subindo polo ramal esquerdo, seguindo o curso fluvial a contracorrente ata Taxes, onde rematamos.
É posible alongar o percorrido, facéndoo circular, para acadar o fermosísimo petróglifo Laxe das Rodas, pero este treito a maiores vai sobre asfalto.

Waypoints
Religious site
136 ft
Igrexa Santiago
Templo parroquial de Santiago de Louro. Construído entre os séculos XVI e XVIII.
You can add a comment or review this trail
Comments