Activity

Murais en Igualdade

Download

Trail photos

Photo ofMurais en Igualdade Photo ofMurais en Igualdade Photo ofMurais en Igualdade

Author

Trail stats

Distance
2.22 mi
Elevation gain
75 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
0 ft
Max elevation
132 ft
TrailRank 
28
Min elevation
-21 ft
Trail type
One Way
Time
52 minutes
Coordinates
573
Uploaded
July 14, 2022
Recorded
July 2022
Be the first to clap
Share

near Moaña, Galicia (España)

Viewed 435 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofMurais en Igualdade Photo ofMurais en Igualdade Photo ofMurais en Igualdade

Itinerary description

Ruta polos murais con temática de igualdade do Concello de Moaña.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 148 ft
Photo ofMural de Alejandro López Casás Photo ofMural de Alejandro López Casás Photo ofMural de Alejandro López Casás

Mural de Alejandro López Casás

Situado nunha das paredes laterais da nave da S.D. Tirán, no paseo do Con.


Alejandro López Casás. Domaio 1981. Interiorista e deseñador gráfico, segue a liña gráfica realizando diferentes murais colectivos e participativos en Barcelona, chega a súa vila natal para facer o seu primeiro mural en solitario. A intención principal é devolverlle á sociedade moañesa a súa aprendizaxe colectiva en forma de expresión artística.

A obra de Alejandro é un relato desesperado ante as desigualdades, unha lanza a favor das persoas máis febles, a mirada máis diversa ante o mundo. A diferencia fronte a uniformidade. Unha peza composta por catro expresións relacionadas coa desigualdade. O berro enxordecedor dunha xeración que naceu na abundancia e ten que loitar para reconstruír pontes entre pobos e ideas.

Liberdade de expresión: a mirada mais crítica dos procesos de construción que moven o mundo. A voz que se alza ante o silencio do espazo baleiro. A cor como símbolo de principio.

Liberdade éxitos e logros: un relato cara a igualdade de oportunidades dentro dunha sociedade gris e distante.

Liberdade entre razas etnias e culturas: amosa a opresión social das persoas de etnias diferentes, e os prexuizos que se teñen ante as diferentes culturas.

Liberdade de xénero: reconciliación entre xéneros. Circular na vida en plena igualdade.


Entrevista a Alejandro sobre este mural:

https://youtu.be/zRewsXJdK6M

PictographPanorama Altitude 73 ft
Photo ofPaseo marítimo de Moaña

Paseo marítimo de Moaña

Percorrido dende a praia de O Con ata a Illa de Samertolameu. Comprende o tramo máis urbano de Moaña, xunto á Praza de Abastos, onde se celebran as festas locais, o mercado semanal e o Festival Intercéltico do Morrazo.

PictographWaypoint Altitude 101 ft
Photo ofMural da Praza de Abastos por Luz Beloso Photo ofMural da Praza de Abastos por Luz Beloso

Mural da Praza de Abastos por Luz Beloso

Mural situado nunha das paredes da Praza de Abastos de Moaña.


Luz Beloso, profesora de Plástica no IES As Barxas e no IES María Soliño durante a realización deste mural.

Este mural realizouse co alumnado do Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas e o mestre Rober Braña.


Entrevista a Luz sobre este mural:

https://youtu.be/uQn_-y4W274

PictographWaypoint Altitude 99 ft
Photo ofMural do Palco da Música por Luz Beloso Photo ofMural do Palco da Música por Luz Beloso

Mural do Palco da Música por Luz Beloso

Mural situado na parede do Palco da Música de Moaña.


Luz Beloso, profesora de Plástica no IES As Barxas e no IES María Soliño durante a realización deste mural.

Este mural realizouse co alumnado do Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas e o mestre Rober Braña.


Entrevista a Luz sobre este mural:

https://youtu.be/14a6lAeeiBg

PictographMonument Altitude 80 ft
Photo ofO Fisgón

O Fisgón

Escultura creada polo artista moañes Manuel Varela en 2009. Mide catro metros de alto e pesa case 15 toneladas. Está composta por dúas pezas: o corpo de granito e a fisga de bronce.

PictographWaypoint Altitude 75 ft
Photo ofMural da Ludoteca de Moaña

Mural da Ludoteca de Moaña

Situado na parede da entrada da ludoteca de Moaña.


Creativo por Davida (David Amoedo) e Irika (Iria Vergara) do #kolectivokoalo.


Mural froito da colaboración entre o Concello de Moaña e a asociación Autismo Morrazo con motivo do Día do Autismo de 2021.

O mural forma parte dunha serie de intervencións na cidade que buscan concienciar sobre a situación da poboación con autismo, así como contribuír á mellora da súa calidade de vida e promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito en todos os ámbitos da sociedade.

PictographMonument Altitude 45 ft
Photo ofConcello de Moaña Photo ofConcello de Moaña

Concello de Moaña

Ante o edifico do Concello de Moaña pódense atopar uns agradables xardíns nos que pasar tempo coa familia. O espazo conta con árbores, un hórreo, un parque infantil e a escultura «A Cachachó» deseñada por Nel Pena e tallada por Yosi Fervenza, ambos moañeses, e inspirada nun poema de Curros Enríquez.

PictographRiver Altitude 48 ft
Photo ofRío dos ladróns

Río dos ladróns

Desembocadura do Río da Fraga, que guía a ruta de sendeirismo dos muíños de Moaña. #RutaDaFraga

PictographWaypoint Altitude 52 ft
Photo ofMurais do Colexio de Reibón Photo ofMurais do Colexio de Reibón Photo ofMurais do Colexio de Reibón

Murais do Colexio de Reibón

Murais situados nas paredes do aceso ó pavillón do Colexio de Reibón.


Sheela Tato é unha artista polifacética no campo da ilustración e da arte contemporánea. Tras rematar os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra e Irlanda, completou a súa formación cun máster en Animación 3D en Madrid.

Foi galardoada en varias ocasións polo seu traballo, pola UVigo, na categoría de Pintura. Tamén participou en diversas exposicións; “Voila la Femme” (XXIV edición) presentando os seus traballos en arte contemporánea ou en “PeluqArt” coas súas ilustracións.


Mural «O Futuro»

Realizouse coordinado pola artista Sheela Tato no verán de 2021 aproveitando un campus artístico realizado no CEIP Reibón. Está situado no anexo do Pavillón da Xunqueira e representa a forza da mocidade para gañar o futuro, que a mocidade non ten límites, que pode transformar e ocupar espazos.


Entrevista a Sheela sobre a súa participación neste proxecto:

https://youtu.be/2f0MyRaBJ6Y


Mural «A Deusa branca»

Mural realizado pola artista Alita A.M.A. e incluído no programa da Deputación «Mulleres en acción. Violencia Zero.»

«Nin a terra nen as mulleres somos territorio de conquista». A artista pon o foco na muller, amosando a súa unión coa terra e poñendo en valor a súa forza transformadora: «Para que haia unha forza entre as mulleres debemos representarnos así, en contacto coa natureza».

«É o momento de darlle vida novamente a unha deusa da natureza e da abundancia, en contacto coa terra, para sentirnos parte dela e non somos máis co resto dos animais».

A elección do tema para o mural lembra ás mulleres das que somos herdeiras. As Deusas Brancas son as avoas, estas mulleres tan ligadas á terra, que transmitiron todos os valores dos que nos somos herdeiras e que se están perdendo como a atención, a humanidade, o respeto á terra na que vivimos, que van en sintonía cunha liña moi potente do feminismo, o ecofeminismo.

PictographRiver Altitude 35 ft
Photo ofPaseo do poeta Manuel María

Paseo do poeta Manuel María

Paseo adicado ó autor Manuel María, ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas no ano 2016.

PictographWaypoint Altitude 57 ft
Photo ofMural de Rosalía guiando ao pobo Photo ofMural de Rosalía guiando ao pobo

Mural de Rosalía guiando ao pobo

Situado nun muro preto da rotonda do león do Rosal.


Luz Beloso, profesora de Plástica no IES As Barxas e no IES María Soliño.

Este mural realizouse co alumnado do IES As Barxas con motivo do Día das Letras Galegas.

Imitando o cadro «A liberdade guiando ao pobo» de Delacroix, coa escritora Rosalía de Castro ondeando a bandeira de Galicia.


Entrevista a Luz sobre este mural:

https://youtu.be/bAk3yp0UJCs

PictographWaypoint Altitude 128 ft
Photo ofMural «A muller na ciencia» Photo ofMural «A muller na ciencia» Photo ofMural «A muller na ciencia»

Mural «A muller na ciencia»

Situado nunha das paredes da planta inferior da Casa da Mocidade.


A obra de Sheela Tato é unha homenaxe á muller, enxalzando a figura feminina, a súa sensualidade, a súa forza e a súa independencia.

O que máis destaca das súas ilustracións é a forza da cor e a súa expresividade. A súa inspiración parte dos matices entre carácter e feminidade. Os materiais que utiliza para as súas creacións adoitan ser tintas e acuarelas.


No mes de febreiro do 2022 realizouse un taller de muralismo e graffiti no que Sheela Tato xunto con 50 rapazas e rapaces realizaron este mural que representa o papel importante das mulleres na ciencia e neste intre de post pandemia realizaron unha homenaxe ás mulleres que loitaron contra a covid-19 nos laboratorios e nas facultades científicas do mundo. Levouse a cabo nunha soa xornada maratoniana.

PictographWaypoint Altitude 128 ft
Photo ofMural «A muller na historia» Photo ofMural «A muller na historia»

Mural «A muller na historia»

Mural situado nunha das paredes da planta inferior da Casa da Mocidade.


A pesar da especificidade da temática de Sheela Tato, a súa técnica abarca diversos tipos de ilustración: desde unha liña máis correcta e realista ata un escintileo de cores incontrolado cheo de vida. A cor tende a solapar a liña para crear volumes de forma agresiva. Un punto moi importante da súa composición é a simplificación do corpo. Representan a intimidade e o sexo feminino sen buscar ningún tipo de receptor. Detrás de cada ilustración hai un discurso completo sobre as mulleres e o seu significado, pero sempre hai un pequeno espazo para a interpretación emocional de cada individuo.

As palabras moitas veces non entenden de respecto e libre interpretación. Por iso Sheela Tato, en lugar de acompañar as súas ilustracións con títulos ben argumentados ou discursos artísticos cunha dirección precisa, opta por darlle plena liberdade ás súas imaxes. Aínda que estas mulleres nacen dunha lóxica dentro delas, cunha intención concreta. Non tratan de mulleres cun significado meramente estético. Senón que cada un ten a súa lectura e introducen miles de emocións.


Realizouse no mes de marzo de 2022 na Casa da Mocidade de Moaña ao abeiro dunha subvención polo pacto de estado, grazas a colaboración da área de benestar social do Concello de Moaña. Un mural deseñado e coordenado pola artista Sheela Tato na que participaron 50 mozas e mozos de Moaña, durante dúas xornadas nas que asemade de traballar no mural, realizaron unha formación en igualdade na que amosaron o papel das mulleres na historia, un proxecto de aprendizaxe e sensibilización no papel das mulleres ao longo da historia.

Comments

    You can or this trail