Activity

Oimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas

Download

Trail photos

Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas

Author

Trail stats

Distance
1.81 mi
Elevation gain
266 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
266 ft
Max elevation
1,581 ft
TrailRank 
47
Min elevation
1,381 ft
Trail type
Loop
Time
one hour 15 minutes
Coordinates
265
Uploaded
September 5, 2016
Recorded
September 2016
Be the first to clap
Share

near Oimbra, Galicia (España)

Viewed 1001 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas Photo ofOimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas

Itinerary description

Oímbra naceu, claramente, no Outeiro que domina a poboación. este outeiro é un castro prerromano que, aparte das inmellorables vistas do val do Támega e Portugal, ofrece o misterio de sete petróglifos e moitos máis penedos con rebaixes e marcas estrañas.
A ruta comeza nun camiño, comeza na capela do patrón dos camiñantes, San Roque. Moderadamente ben conservada, aínda ten o cabildo (lugar cuberto no adro) e o cruceiro de catro chanzos, como corresponde a unha vila señorial. Como curiosidade engadida, dúas pedras dos bancos do cabildo son petróglifos prehistóricos reutilizados.
Dende a capela, en dirección oeste, o castro domina a vista, e o camiño, entre hortas e viñas, faise apetecible. Dende o cruce que hai a uns cen metros collemos á dereita para entrar na rúa Maior, a carón dun pazo moi modernizado e que tivo tempos millores. Deixando o pazo atrás, chegamos á praza presidida, por unha parte, pola igrexa moderna, e pola outra pola pequena e fermosa capela do Carmo, de gran tradición na poboación. Xusto na subida da praza atopamos un pazo que conserva moi ben unha impresionante porta carreira e arcada, o Pazo dos Charramangos, que ten dúas labras heráldicas no seu interior.
Seguindo por esta rúa, os exemplos e detalles da arquitectura popular son moitos e moi chamativos, como os corredores e as adegas. Outra singularidade a destacar e a gran cantidade de fontes e lavadoiros que imos atopando. A carón da fonte, ao final da rúa, nos sorprenderá a escaleira medieval que axuda a achegarse á igrexa vella, e que se supón feita para dar servizo ao vello castelo de Oímbra, hoxe desaparecido pero con restos evidentes.
Dende aquí subimos pola Porbaila, e se o veciño o ten a ben, veremos unha fonte arcada medieval co mesmo nome. O camiño de subida é importante pero cortiño e lévanos dereitos á igrexa parroquial vella. Neste templo destaca a cabeceira, barroca e a Capela do Conde, lateral e adobiada cun exquisito reloxo solar. Se damos a volta completa, na parede norte consérvase un lenzo onde atopamos, á altura dos ollos, nada habitual, oito canzorros románicos e varias marcas de canteiro. E dando a volta completa á igrexa estaremos no alto das escaleiras máis fermosas da comarca do Támega. Unhas escaleiras que convidan a sentarse e desfrutar da paisaxe de montes e viñas, cousa que asenta a idea de que esre val do Támega é a Toscana galega.
Para baixar, usaremos a calzada medieval que comunica a igrexa co castelo, e veremos claramente a súa contorna, hoxe ocupada por varias casas que collen o nome do castelo para chamarse o barrio de tal nome. Pouco queda do que se dicía a residencia de verán dos Condes de Monterrei, salvo os cimentos e unha labra heráldica. No 1640, cando comezou a guerra con Portugal, foi o primeiro obxectivo de tal guerra e quedou destruído ata nosos días.
A carón do castelo atopamos outra capela máis, bastante estragada, que daba servizo á fortaleza. E na mesma praza, o Pazo Reitoral, vello e ben conservado, pero moi abandonado, cun aire romántico e decimonónico. Un pouco máis abaixo, e partindo da fonte do pazo, hai outro lavadoiro máis.
Seguimos baixando, e chegaremos á estrada principal, onde, antes de voltar ao punto de partida, aínda veremos unha casa señorial coa cruz beneditina de Celanova e unha labra na que destacan as cinco estrelas da casa dos Fonseca, xusto enfronte da fonte de chafarís que hai no cruce de camiños. De volta, pasaremos entre viñas tradicionais e hortas con froitos moi apetecibles que a xente do lugar regala sen condicións.
E por fin, chegaremos de novo á capela de San Roque, non antes de que a natureza nos regale de novo a fermosa vista da vila, da igrexa vella, as viñas e o castro cuio nome antigo é Onimbriga.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 1,414 ft
Photo ofCapela e cruceiro de San Roque Photo ofCapela e cruceiro de San Roque

Capela e cruceiro de San Roque

Capela e cruceiro de San Roque

Photo ofPetróglifos reutilizados en bancos da capela de San Roque Photo ofPetróglifos reutilizados en bancos da capela de San Roque

Petróglifos reutilizados en bancos da capela de San Roque

Petróglifos reutilizados en bancos da capela de San Roque

PictographPanorama Altitude 1,401 ft
Photo ofCastro Outeiro de Oímbra

Castro Outeiro de Oímbra

Castro Outeiro de Oímbra

PictographPhoto Altitude 1,444 ft
Photo ofVello pazo modernizado s.XX

Vello pazo modernizado s.XX

Vello pazo modernizado s.XX

PictographReligious site Altitude 1,450 ft
Photo ofCapela do Carmo

Capela do Carmo

Capela do Carmo

PictographReligious site Altitude 1,437 ft
Photo ofIgrexa nova e fonte

Igrexa nova e fonte

Igrexa nova e fonte

PictographPhoto Altitude 1,447 ft
Photo ofPazo dos Charramangos Photo ofPazo dos Charramangos Photo ofPazo dos Charramangos

Pazo dos Charramangos

Pazo dos Charramangos

PictographPhoto Altitude 1,467 ft
Photo ofPía de pedra

Pía de pedra

Pía de pedra

PictographPhoto Altitude 1,447 ft
Photo ofEscaleiras á igrexa parroquial

Escaleiras á igrexa parroquial

Escaleiras á igrexa parroquial

PictographPhoto Altitude 1,447 ft
Photo ofArquitectura popular

Arquitectura popular

Arquitectura popular

PictographPhoto Altitude 1,460 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,460 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,473 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographFountain Altitude 1,467 ft
Photo ofFonte e lavadoiro

Fonte e lavadoiro

Fonte e lavadoiro

PictographPhoto Altitude 1,457 ft
Photo ofArquitectura tradicional, arco de descarga

Arquitectura tradicional, arco de descarga

Arquitectura tradicional, arco de descarga

PictographPhoto Altitude 1,499 ft
Photo ofAdegas tradicionais

Adegas tradicionais

Adegas tradicionais

PictographReligious site Altitude 1,558 ft
Photo ofIgrexa parroquial de Oímbra Photo ofIgrexa parroquial de Oímbra Photo ofIgrexa parroquial de Oímbra

Igrexa parroquial de Oímbra

Igrexa parroquial de Oímbra

PictographReligious site Altitude 1,565 ft
Photo ofCanzorros románicos, igrexa parroquial Photo ofCanzorros románicos, igrexa parroquial Photo ofCanzorros románicos, igrexa parroquial

Canzorros románicos, igrexa parroquial

Canzorros románicos, igrexa parroquial

PictographReligious site Altitude 1,585 ft
Photo ofCemiterio

Cemiterio

Cemiterio

PictographPhoto Altitude 1,552 ft
Photo ofAs escaleiras máis fermosas da comarca

As escaleiras máis fermosas da comarca

As escaleiras máis fermosas da comarca

PictographTree Altitude 1,555 ft
Photo ofOliveira centenaria

Oliveira centenaria

Oliveira centenaria

Photo ofOuteiro de Oímbra, castro prerromano

Outeiro de Oímbra, castro prerromano

Outeiro de Oímbra, castro prerromano

Photo ofCastelo de Oímbra

Castelo de Oímbra

Castelo de Oímbra

PictographPanorama Altitude 1,552 ft
Photo ofCalzada medieval de subida á igrexa Photo ofCalzada medieval de subida á igrexa

Calzada medieval de subida á igrexa

Calzada medieval de subida á igrexa

PictographPhoto Altitude 1,493 ft
Photo ofCanella ao pazo do castelo

Canella ao pazo do castelo

Canella ao pazo do castelo

PictographPhoto Altitude 1,483 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,486 ft
Photo ofPazo reitoral (casa do cura)

Pazo reitoral (casa do cura)

Pazo reitoral (casa do cura)

PictographReligious site Altitude 1,483 ft
Photo ofCapela do castelo

Capela do castelo

Capela do castelo

Photo ofRestos do castelo medieval de Oímbra Photo ofRestos do castelo medieval de Oímbra Photo ofRestos do castelo medieval de Oímbra

Restos do castelo medieval de Oímbra

Restos do castelo medieval de Oímbra

PictographPhoto Altitude 1,480 ft
Photo ofAdega do cabildo

Adega do cabildo

Adega do cabildo

PictographPhoto Altitude 1,457 ft
Photo ofLavadeiro

Lavadeiro

Lavadeiro

PictographPhoto Altitude 1,411 ft
Photo ofPazo coa cruz beneditina do mosteiro de Celanova Photo ofPazo coa cruz beneditina do mosteiro de Celanova

Pazo coa cruz beneditina do mosteiro de Celanova

Pazo coa cruz beneditina do mosteiro de Celanova

PictographFountain Altitude 1,411 ft
Photo ofFonte da Canella das Viñas

Fonte da Canella das Viñas

Fonte da Canella das Viñas

Comments

    You can or this trail