Activity

Paseo por Samos

Download

Trail photos

Photo ofPaseo por Samos Photo ofPaseo por Samos Photo ofPaseo por Samos

Author

Trail stats

Distance
1.06 mi
Elevation gain
10 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
10 ft
Max elevation
1,752 ft
TrailRank 
28
Min elevation
1,732 ft
Trail type
Loop
Moving time
20 minutes
Time
26 minutes
Coordinates
293
Uploaded
January 2, 2022
Recorded
January 2022
Share

near Samos, Galicia (España)

Viewed 290 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofPaseo por Samos Photo ofPaseo por Samos Photo ofPaseo por Samos

Itinerary description

Benvidos e benvidas a Samos.

Este paseo non pretende nada máis que achegarvos aqueles lugares que teñen interés para nós e que non deberías perder.

É practicable para todos os públicos e tamén poden ir cadeiras de rodas de nenos/as aínda que nun punto hai que baixala a pulso, pero merece a pena!.

Disfrutade do paseo!

Waypoints

PictographMonument Altitude 1,729 ft
Photo ofEstatua do Peregrino

Estatua do Peregrino

Comezamos na rúa principal de Samos, na Avenida Compostela aos pés da Estatua do Peregrino, ou como algún lle chama aquí "o manco" porque alguén lle levou a man que porta o bordón. A tradición xacobea está moi presente en todo o pobo, múltiples sinais hai que van dirixidas aos peregrinos e peregrinas que nos visitan. A historia xacobea tamén está presente en Samos dende o principio dos tempos cando foi educado baixo o manto do Mosteiro o rei Afonso II O Casto.

PictographPanorama Altitude 1,722 ft
Photo ofPonte do Río

Ponte do Río

A poboación é atravesada de cheo polo río Sarria, que sempre tivo certa polémica a carón do seu nome xa que nos tempos dun abade decidiu cambiarlle o nome por Oribio. O seu nome é Sarria porque os Seurros eran habitantes da zona do río preto de San Cristovo do Real. Logo a vila de Sarria sí que tomou o nome do seu río. Dende aquí hai varias ponorámicas do pobo que son moi agradables de ver. Se ollamos no río cara abaixo seguindo o curso veremos O Areal, lugar onde ían lavar a roupa as mulleres de Samos no verán; dende a ponte se podía escoitar a auga da presa entremezclada cos cánticos das mulleres: unha beleza!

PictographMonument Altitude 1,745 ft
Photo ofReal Abadía de Samos

Real Abadía de Samos

O monumento máis importante da capitalidade é un basto edificio en pizarra da zona que leva asentado aquí dende o século VI, dícese que é o mosteiro máis antergo habitado da cristiandade occidental. Hoxe alberga unha pequena comunidade de monxes bieitos adicados á vida contemplativa. Podes visitalo todos os días pero antes de ir consulta os horarios xa que son os propios monxes quenes o ensinan e están adecuados ás súas horas de rezo. Atopámonos sobre a Horta da Botica que se chama así xa que era o lugar onde o boticario do pobo plantaba as súas herbas, ou iso dín. Era unha finca privada que antigüamente tiña unhas grandes portas a carón das cales de situaba o forno, hoxe perdido, que era utilizado por todo o pobo.

PictographPanorama Altitude 1,745 ft
Photo ofPaseo do Río

Paseo do Río

Neste paseo verás como o río lambe algunha edificación do barrio do Salvador.

PictographPanorama Altitude 1,739 ft
Photo ofÁrea da Capela do Ciprés

Área da Capela do Ciprés

Un lugar que ben merece unha parada para facer unhas fotos e se é verán, porqué non! darse un chapuzón no río e tomar o sol nos campos que están ao seu carón.

PictographMonument Altitude 1,722 ft
Photo ofCapela do Ciprés

Capela do Ciprés

O monumento máis antergo conservado en pé en Samos é a Capela Mozárabe do Ciprés. Toma o nome da senlleira arbre que está preto da porta que ten unhas dimensións considerables. O pequeno edificio era o oratorio do antergo mosteiro situado aquí e que conserva a simboloxía interna e a distribucción do culto mozárabe. O interior está decorado cun esplendoroso arco no que a cruz da patena é a gran protagonista, todo elo son frescos da época descubertos hai uns anos debaixo de capas e capas de cal. O ciprés é o máis alto de Galicia na súa especie e din que é o segundo de España tras dos do Mosteiro de Silos.

PictographMonument Altitude 1,752 ft
Photo ofFachada do Mosteiro de Samos Photo ofFachada do Mosteiro de Samos

Fachada do Mosteiro de Samos

Unha das señas de identidade da Abadía é a súa fachada. Cunhas dimensións xigantescas é unha obra moi importante no barroco galego. Destaca sobre todo a súa escalinata que rememora a do Obradoiro de Santiago así como a súa horizontalidade xa que carece de torres que a culminen. As estatuas que a protagonizan son San Bieito no centro, patrón da Orde e San Xulián e Santa Baselisa, patróns do Mosteiro. A man dereita está a Portería por donde entran as visitas do Mosteiro.

PictographMonument Altitude 1,726 ft
Photo ofTorre do Reloxio, Fonte e Palco da Música Photo ofTorre do Reloxio, Fonte e Palco da Música

Torre do Reloxio, Fonte e Palco da Música

Samos carece case por completo de monumentos civís, pero este Conxunto Histórico-Artístico que se atopa no centro do pobo tén a súa importancia, sobre todo para so veciños e veciñas de aquí e de alá. Ao mellor carece dunha importancia artística salientable pero o seu valor é do máis importante que existe en todo o concello xa que simboliza a tantos homes e mulleres que tiveron que emigrar desta terra na busca dun futuro esperanzador. Os que se foron sen lugar a dúbida tamén quixeron gardar a súa pegada e mandaron cartos dende alá para que se construiran espazos de utilidade para os veciños e veciñas de Samos. O reloxio do pobo que aínda que hoxe está mudo, sonou ata hai relativamente pouco. A fonte do pobo, que agardamos que sexa recuperada en breve. E o Palco da Música un símbolo da tradición musical tan importante que existiu nestas terras. Busca as inscricións que falan da emigración neles...

PictographMonument Altitude 1,742 ft
Photo ofCasa do Médico Photo ofCasa do Médico

Casa do Médico

Construída en ladrillo de lousa, é unha obra levantada sobre altos contrafortes con forma de arcadas. Sobre cada arco hai unha ventá, a central máis grande que as outras. Polas súas dimensións podería ser un pazo pequeno. Foi utilizada durante tempos polo Mosteiro como casa do seu médico. Non é visitable.

Comments

    You can or this trail